Carrusel de imaxes de exposición

Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3

LUIS GORDILLO. CONFESIÓN XERAL

30 Xuño 2017 - 17 Setembro 2017
Comisariado:
Juan Antonio Álvarez Reyes & Santiago Olmo
Artistas:
Luis Gordillo

Confesión xeral é unha retrospectiva de Luis Gordillo, comisariada por Juan Antonio Álvarez Reyes, director do Centro Andaluz de Arte Contemporánea de Sevilla e Santiago Olmo, director do CGAC.

A exposición é a primeira mostra do artista sevillano en Galicia e permite realizar un percorrido polo seu traballo desde as series de debuxos de raíz informalista de finais dos anos cincuenta ata as obras fotográficas e pictóricas nas que emprega as lonas como soporte e as infografías como ferramentas.

Trátase dunha retrospectiva clásica con numerosas obras inéditas ou pouco coñecidas, especialmente debuxos, así como algunhas obras en proceso que recrean o clima do seu estudo.

Confesión xeral, que puido verse no CAAC de Sevilla e, desde este mes de marzo, en Koldo Mitxelena Kulturunea en Donostia-San Sebastián, inaugurarase no CGAC en xuño de 2017 e pechará o seu ciclo presentándose o próximo outono na Alhambra e o Centro José Guerrero de Granada.


Folleto da exposición

Video de presentación

Audio da conversa [castelán] (Luis Gordillo, Juan Antonio Álvarez Reyes e Santiago Olmo, 30 de xuño de 2017)

Novas relacionadas

Recursos bibliográficos