Apertura do prazo para a presentación de propostas de adquisición de obras de arte para formar parte da colección CGAC dentro da sección CGAC-Xacobeo

Sábado, 1 de Agosto do 2020

No marco do Plan de reactivación nos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, a Dirección Xeral de Politicas Culturais, a través do CGAC, promove unha convocatoria para a adquisición de obras de arte contemporánea de artistas galegos para a súa incorporación á Colección CGAC dentro da sección CGAC - Xacobeo cos seguintes obxectivos:

  • Apoiar o sector das artes visuais e máis concretamente aos autores galegos/as de obras de arte e galerías de arte da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Enriquecer a Colección CGAC cunha oferta ampla, diversificada e atractiva de obras que completen os seus fondos e dialoguen con eles.

Poderán presentar as súas solicitudes:

  • Galerías de arte con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Autores de obras de arte galegos/as ou residentes en Galicia non representados por unha galería galega e con domicilio fiscal en Galicia.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 24 de agosto de 2020.

Contacto: gerencia.cgac@xunta.gal 981 546 606 / 981 546 614

Documentos relacionados:

Ligazóns de interés: