V Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

Mércores, 27 de Abril do 2022

O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca a quinta edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea co fin de promover a produción de pensamento sobre arte contemporánea en lingua galega.

O ensaio gañador será premiado con 3.000 euros ademais da súa publicación en forma de libro dentro dalgunha das coleccións que conforman a liña editorial do centro.

Composición do xurado:

Resolución do Secretario Xeral de Cultura pola que se designan as persoas membros do xurado para a concesión do V Premio CGAC de investigación e ensaio en arte contemporánea.

Por orde do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 80 do 27 de abril) convócase o V Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea así como as bases que regulan a súa concesión.

No artigo 13 da orde da convocatoria establécese a composición do xurado encargado de realizar a valoración do premio.

En virtude do anteriormente exposto e de conformidade co disposto no artigo 13.2 da Orde da convocatoria,

Resolvo:

Primeiro: Designar como membros do xurado encargado de realizar a valoración para a concesión do V premio CGAC de investigación e ensaio en arte contemporánea ás seguintes persoas:

  • Presidente: Santiago Olmo García, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
  • Vogais:

- Chus Martínez Dominguez, comisaria e crítica de arte.

- Ignacio Castro Rey, escritor, filósofo y crítico de arte.

- Suso Fandiño Gracia, artista e profesor asociado da Facultade de Belas Artes de    Pontevedra.

  • Secretaria: Elena Expósito García, coordinadora do departamento de publicacións do CGAC.

 

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade á concesión do V Premio CGAC de investigación e ensaio sobre a arte contemporánea, correspondente ao ano 2022.