BAÑISTAS. FOTOGRAFÍAS ATOPADAS, 1880-1963

Venres, 2 de Xuño do 2017

Bañistas está constituído por un amplo conxunto de fotografías anónimas de mozos seminús, cubertos apenas cun traxe de baño, retratados en contacto coa natureza. Mozos que aparecen no exterior: á beira das praias, das piscinas ou no campo, en lagoas ou ríos, e que recrean a tradicional iconografía dos bañistas que tivo gran predicamento ao longo de toda a historia da arte.

Este proxecto expositivo enmárcase nesa vía de traballo amplamente desenvolvida internacionalemente (pero aínda practicamente descoñecida en España), na que ese material fotográfico democrático, anónimo, abandonado, pobre e vulgar pasa a se converter, por mor do gusto, o coñecemento e o sentido estético dos creadores e coleccionistas, nun artefacto cultural, nunha produción artística, nun proxecto expositivo e editorial. E iso todo é xustamente o que pretende ser Bañistas.

Folleto da exposición

Dossier de prensa