BERTA CÁCCAMO. EXPANSIÓN ENSAIO

Venres, 4 de Novembro do 2016
De vocación temperá, Berta Cáccamo (Vigo, 1963) creceu nun universo ligado á creación. Considerada unha das pintoras españolas mais importantes da súa xeración , foi capaz de destilar influencias afastadas no tempo, sempre disposta ao debate coa súa obra, cos problemas da arte e coas súas imaxes.
Esixente e reflexiva, a súa pintra é produto dunha mirada inquieta, emocional e afectiva. Por iso é polo que o título da exposición fale de expansión porque a súa obra é ao tempo un proxecto vital, e de ensaio, porque se escribe en presente continuo e se inscribe na memoria da pintura como material fundamental.

Folleto da exposición

Dossier de prensa