JULIÃO SARMENTO. WITHOUT
Venres, 9 de Novembro do 2018
O traballo de Julião Sarmento formalízase desde o fronteirizo. Moitas das súas obras conteñen imaxes de imaxes e están relacionadas entre si, aínda que funcionen de maneira independente, abrazando a ambigüidade do seu significado. Trátase de microrrelatos que asumen a múltiple potencialidade do cine, entre o expreso e o secreto, entre o persoal e o estraño
