PROGRAMACIÓN DE CINEMA NO CGAC. CICLO DE CINE ITALIANO
Mércores, 15 de Xaneiro do 2014
No marco da celebración destes vinte anos, a programación de cinema no CGAC nace cunha referencia nostálxica: unha apertura de festa, vinte anos do Centro Galego de Arte Contemporánea e vinte anos sen Fellini. E con el, unha serie de obras mestras do cinema italiano contemporáneo, dun inédito Nanni Moretti á estrea de títulos como Romanzo di una strage, de Marco Tullio Giordana.
As proxeccións terán lugar no auditorio do CGAC ás 20:30 h. Entrada libre até completar a capacidade da sala.
Dossier de prensa
As proxeccións terán lugar no auditorio do CGAC ás 20:30 h. Entrada libre até completar a capacidade da sala.
Dossier de prensa
