Carlos Garaicoa (La Habana, 1967) observa a cidade, as arquitecturas e os soños latentes, os xa abandonados e os aínda realizables; le os seus argumentos, agravios e recordos imborrables logo, con creatividade incansable, traza outras perspectivas, enxerta pretérito e futuro, debuxa novas liñas de fuga e busca o común e a multitude como suxeitos dun incesante transformarse noutra cousa.
Vídeo presentación (Carlos Garaicoa, Claudia Gioia, Santiago Olmo)