agrupar desagrupar

Agrupar-desagrupar. Rupturas da representación

2016
978-84-453-5218-2
30,00 €
Autores/as:
Ángel Cerviño, Alberto González-Alegre, Xosé Manuel Lens, Chus Martínez Domínguez
Páxinas:
208
Dimensións:
21 x 25,5 cm
Idiomas:
galego
Colección:
CGAC PLURAL
Ilustracións:
cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:

Entre o despuntar de Atlántica e o xurdir da Facultade de Belas Artes de Pontevedra desenvólvese en Galicia o traballo dunha importante nómina de artistas de moi diferente procedencia académica e cos máis diversos horizontes estéticos e conceptuais. Nesa paréntese fecunda, loitarán por ampliar a visibilidade da súa obra en condicións adversas nunha sorte de terra de ninguén na que sempre será dificultuso atopar sinais de orientación e referencia. Arranca entón una apaixonante diversidade de propostas e de nomes (por fin abundantes nomes de muller), tamén moi crecente en número, se a comparamos coa xeración anterior. Esa apaixonante diferenza tivo un constituínte común, que non era outro ca a autoconciencia do feito artístico e da incontrolable contaminación de linguaxes. Foron as súas rupturas da representación.

 
 
Bolsa compra 3 MERCAR