Almudena fernandez fariña pisando charcos

Almudena Fernández Fariña. Pisando charcos

2024
978-84-453-5475-9
40,00 €
Autores/as:
Susana Cendán, Miren Doiz, Almudena Fernández Fariña, Patricia Mayayo, Santiago Olmo
Páxinas:
284
Dimensións:
28 x 21 cm
Idiomas:
galego
castelán
inglés
Colección:
CGAC SINGULAR
Ilustracións:
cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:

Almudena Fernández Fariña. Pisando charcos ofrece un percorrido polo traballo da artista ao longo de trinta anos de carreira, resituando a súa traxectoria e desvelando a unha artista inédita cuxa versatilidade queda patente nunha serie de procesos paralelos que inclúen prácticas fotográficas, bordados, pezas cerámicas ou libros obxecto.

Almudena Fernández Fariña (Vigo, Pontevedra, 1970) é artista e docente na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo). A súa obra está representada en coleccións públicas e privadas. O seu traballo artístico foi recoñecido con numerosos premios e bolsas entre os que destacan o Premio de Pintura L’Oréal (2000); a Bolsa Novos Valores (1994) ou a Bolsa da Fundación Pollock-Krasner (2001).