Catálogo publicado con motivo da exposición de Antón Lamazares Grazas do Lugar no Dobre Espazo do CGAC. Herdeiro dun dos grandes renovadores da arte galega do século XX, Laxeiro, e oriúndos ambos das terras de Lalín, Lamazares revélase dende os seus inicios como abandeirado dese genius loci que vincula a pulsión creativa co territorio. As súas construcións pictóricas evocan paisaxes e arquetipos profundamente enraizados coa enerxía do lugar.
Despois dunha evolución coherente ao longo de máis de dúas décadas, sorprende como Lamazares é máis Lamazares ca nunca; como a súa poética pictórica, procesada pola experiencia e a reflexión, continúa insistindo na sensualidade das atmosferas, na musicalidade delicada dos ritmos e na súa capacidade para recrear fragmentos dun territorio profundamente sentido.
Stock: esgotado en galego-inglés
