ANTONI SOCÍAS

Antoni Socías. Teoría y práctica del desierto

2016
978-84-453-5233-5
30,00 €
Autores/as:
Dionisio Cañas, Paulo Herkenhoff, William Jeffett, Rosa Olivares, Santiago Olmo, Antoni Socías
Páxinas:
196
Dimensións:
27 x 25 cm
Idiomas:
galego-castelán-inglés
Colección:
CGAC CREACIÓN
Ilustracións:
cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:

Teoría y práctica del desierto propón un percorrido polos procesos de traballo de Antoni Socías (Inca, Mallorca, 1955), vinculando, desde a fricción, fotografía e pintura, obxecto, instalación e vídeo.

As súas obras revelan unha predilección polos paradoxos e tamén polo absurdo que sutilmente se converte nunha larvada crítica social e política desde as pequenas cousas; subliña a importancia das actitudes no día a día.

Na súa obra, os procesos e as metodoloxías de traballo asumen unha importancia radical. Neste sentido, moitas das súas creacións teñen algo de performance e comparten unha dinámica de escenificación seriada na que, a partir do autorretrato, abórdase a crítica social desde os resortes dun absurdo rigoroso.

 
 
Bolsa compra 3 MERCAR