Páxinas:
121
Dimensións:
18,5 x 13 cm
Idiomas:
galego
Colección:
CGAC ENSAIO
Ilustracións:
b/n
Encadernación:
rústica
Sinopse:
Este libro inaugura a colección CGAC_Ensaio, un dispositivo editorial concibido polo CGAC para promover e difundir a escrita sobre arte e cultura contemporánea.
Rosendo Cid (Ourense, 1974) é o autor desta divertida reflexión acerca da práctica artística contemporánea titulada A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria. Os membros do xurado do I Premio CGAC de Investigación e Ensaio, con que resultou galardoado en 2019, valoraron especialmente a orixinalidade do enfoque e a calidade literaria dun texto marcado polo humor e a ironía, dúas estratexias moi presentes na obra plástica do artista ourensán.
