Páxinas:
172
Edición:
0
Dimensións:
23 x 32 cm
Idiomas:
galego - inglés
Colección:
CGAC SINGULAR
Ilustracións:
color
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:
O proxecto expositivo Work (always) in progress formula un discurso secuencial que permite abordar os principais aspectos do traballo de Pedro Cabrita Reis (1956) a través de series representativas como Compounds, Favorite Places, True Gardens ou Floresta nun arco temporal que percorre tres décadas. A mostra articúlase por medio dunha trintena de obras que ocupan o vestíbulo e as plantas baixa e primeira do CGAC, xunto con intervencións site specific no exterior do edificio. As obras reunidas dan conta da súa extensa produción artística, que evidencia o potencial dialéctico do seu traballo, entre referencias a principios construtivistas e procesuais, cuestións formais minimalistas e o uso prominente do obxecto preexistente.
