CLARA CARVAJAL

Clara Carvajal. Por unha bioloxía da imaxe

2021
978-84-453-5395-0
35,00 €
Autores/as:
Clara Carvajal, Zara Fernández de Moya, Nuria Medina, Santiago Olmo
Páxinas:
131
Dimensións:
26 x 21 cm
Idiomas:
galego - castelán - inglés
Colección:
CGAC SINGULAR
Ilustracións:
color
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:

A publicación Por unha bioloxía da imaxe presenta dúas series sucesivas de obras da artista madrileña Clara Carvajal: Dioses de la frontera e Argucia, que se inscriben no que poderiamos chamar unha primeira aproximación desta artista á bioloxía da imaxe. Mediante este concepto plenamente innovador Carvajal indaga na dimensión plástica e escultórica da imaxe fotográfica.

Dioses de la frontera abre camiño a unha viaxe expositiva e vital: Beirut, esas mil e unha cidades desde onde Clara Carvajal resignifica as imaxes da Arab Image Foundation, os arquivos do xornal An-Nahar e do fotógrafo Émile Boulos Divers. Argucia, pola súa banda, supón un paso máis nesta pescuda ao incorporar a tridimensionalidade en sete caixas que funcionan como contornos abertos.

Con ambas as series, Clara Carvajal introdúcenos nun xogo de espellos onde as imaxes rexorden en distintos medios para reafirmaren a súa existencia.

 
 
Bolsa compra 3 MERCAR