Páxinas:
136
Dimensións:
18 x 26 cm
Idiomas:
galego-inglés
Ilustracións:
b/n, color
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:
O cine sobre o cine de Clemens von Wedemeyer fala do que ocorre entre o mediador e o público. A traxectoria dunha década que recolle o catálogo desta exposición constitúe unha investigación sobre a historia do medio e, á súa vez, sobre o pensado sobre o medio, cómo esta historia foi interpretada teoricamente. Do mesmo modo que na historia do cine existe un vínculo insalvable entre a praxe e a teoría, que flutúan e se desenvolven á xunta, o seu traballo xoga co repertorio de formatos, xéneros e linguaxes cinematográficos para situar nunha posición crítica as súas decisións como director e as posibilidades de posicionamento do público ante a pantalla mesma.
