Con motivo da exposición Compostela o Centro Galego de Arte Contemporánea publica unha serie de libros de artista que documentan as achegas de diversos fotógrafos e vídeo-artistas a un proxecto integral que xira arredor da cidade de Santiago e as súas contornas. En Compostela. Lars Arrhenius o artista sueco presenta a súa obra The Street (A rúa, 2003), unha peza de animación por ordenador inspirada no bulicio e a actividade das rúas compostelanas e debedora do cinema de Jacques Tati. A publicación, que vai acompañada dun DVD con imaxes, propón unha interesante reflexión sobre a sociedade postindustrial a partir desta complicada rece de relatos onde o son xoga un papel fundamental. O texto de Sally O’Reilly e a presentación do artista, asinada polo comisario da exposición Miguel Fernández-Cid, completan a publicación.
