Compostela. Peter Wüthrich
Páxinas:
76
Dimensións:
20 x 20 cm
Idiomas:
galego
castelán
inglés
Ilustracións:
b/n, color
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:
Con motivo da exposición Compostela o Centro Galego de Arte Contemporánea publica unha serie de libros de artista que documentan as achegas de diversos fotógrafos e vídeo-artistas a un proxecto integral que xira arredor da cidade de Santiago e as súas contornas. En Compostela. Peter Wüthrich presenta unha serie de fotografías tomadas na Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela e a serie Los ángeles de Compostela. A publicación inclúe un texto de presentación do artista, asinado polo comisario da exposición Miguel Fernández-Cid, e un texto crítico de Guillermo Solana titulado: “A maxia da prosopopeia”.
