Compostela. Rubén Ramos Balsa
Páxinas:
84
Dimensións:
20 x 20 cm
Idiomas:
galego
castelán
inglés
Ilustracións:
b&w, color
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:
Con motivo da exposición Compostela o CGAC publica unha serie de libros de artista que documentan as achegas de diversos fotógrafos e vídeo-artistas a un proxecto integral que xira arredor da cidade de Santiago e as súas contornas. En Compostela. Rubén Ramos Balsa o artista presenta o seu traballo Días solares, unha reflexión sobre a cidade que naceu a través dunha serie de fotografías de longa exposición tomadas dende puntos emblemáticos da cidade. A publicación inclúe un texto de presentación do artista, asinado polo comisario da exposición Miguel Fernández-Cid, e un texto do Profesor de Estética da Universidade de Vigo Alberto Ruiz de Samaniego.
