Catálogo que acompañan a exposición Contos dixitais, comisariada por Manuel Olveira e organizada polo Centro Galego de Arte Contemporánea do 21 de decembro de 2006 ao 28 de xaneiro de 2007.
Este libro revisa a influencia da ficción na arte e a cultura contemporáneas a través dalgúns dos productos literarios e audiovisuais que acadaron máis transcendencia na conformación do imaxinario colectivo dos séculos XX e XXI. Clásicos da ciencia ficción como Un mundo feliz de Aldous Huxley, a saga cinematográfica Star Wars ou a serie de televisión Star Trek serven de punto de partida para a análise dun fenómeno revisado e reformulado na obra de algúns dos artistas máis destacados das últimas décadas. Entre eles, destacan algúns dos nomes seleccionados para formar parte desta mostra: Sven Pahlsson, Dora García, Cristina Lucas, Sofía Jack, Geissler & Sand, etc.
