Aniversario Belas Artes Cultivar incertezas

Cultivar incertezas. Reformular o espazo / conmocionar a mirada

2025
978-84-453-5532-9
25,00 €
Autores/as:
Santiago B. Olmo García, Ángel Cerviño López, Natalia Poncela López, Miguel Anxo
Rodríguez González, Sara Donoso Calvo
Páxinas:
366
Dimensións:
24 x 17 cm
Idiomas:
galego
castelán
Encadernación:
rústica
Sinopse:

En 2021, coincidindo co 30.º aniversario da posta en marcha da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1990-2020), o CGAC organizou unha exposición que reunía selección significativa de traballos plásticos realizados polo alumnado que transitou polas súas aulas ao longo desas últimas décadas de actividade. Para este fin, escolléronse trinta artistas que cobren o arco temporal das diferentes promocións.

O catálogo da exposición Cultivar incertezas ofrécenos un testemuño en papel do que foi aquela exposición canda algunhas reflexións útiles sobre a experiencia que supuxo a implantación da formación superior en belas artes dentro do ecosistema da arte galega. Unha revisión necesaria sobre o que se fixo e o que aínda queda por facer.