ENTRE-VISTA

Entre-vista

2008
978-84-453-4709-6
12,00 €
Autores/as:
Peio Aguirre, Stuart Bailey, Amanda Cuesta, Mery Cuesta, Ann Dean, Eloisa Cartonera, Jesper Fabricius, Alec Finlay, Garikoitz Fraga, Alex Gifreu, Christoph Keller, Anja Lutz, Diego Ortiz, Uqui Permui, Roger Willens & Mark Manders
Páxinas:
396
Dimensións:
18 x 12,5 cm
Idiomas:
galego-castelán-inglés
Encadernación:
rústica
Sinopse:

O proxecto Entre-Vista nace como unha forma diferencial de pulsar a realidade da edición en clave creativa. Os seus obxectivos xerais son, entre outros: investigar o estado da cuestión do devandito tema a través dunha serie de entrevistas a algúns dos axentes máis activos e interesantes neste campo de coñecemento e de produción; repensar as potencialidades da área da edición como ámbito creativo e como espazo de actuación pública e política; propiciar unha reflexión sobre o status da información e a súa circulación en diferentes publicacións, cuxa difusión, malia ser reducida en termos cuantitativos, é cualitativamente moi relevante; e por último, propiciar un ámbito de debate e de estímulo para que a acción e a difusión neste campo aumenten tanto cuantitativa coma cualitativamente.