a escola da noite Aitor Marcos Premios ensaio CGAC

A escola da noite. Escritos sobre literatura e arte contemporánea

2025
978-84-453-5530-5
14,00 €
Autores/as:
Aitor Marcos
Páxinas:
88
Dimensións:
18,5 x 13 cm
Idiomas:
galego
Colección:
CGAC ENSAIO
Encadernación:
rústica
Sinopse:

A escola da noite foi a obra galardoada na sexta convocatoria do Premio CGAC de Investigación e ensaio sobre Arte Contemporánea, organizado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en 2023.

Nas páxinas deste ensaio, Aitor Marcos consegue debuxar unha suxestiva e cativadora autobiografía intelectual balizada por multitude de referencias de ámbitos como a filosofía, o cinema ou a literatura universal. Cun rexistro que bascula entre o ensaio, a crítica e o xénero diarístico, Marcos lévanos da man nunha viaxe por algúns dos fitos da arte e da literatura universal desde Filippo Marinetti, Gordon Matta-Clark, Bas Jan Ader ou Derek Jarman ata Andréi Tarkovski, Tolstoi, Pier Paolo Pasolini, Susan Sontag ou Angélica Liddell.