Páxinas:
230
Dimensións:
20 x 26 cm
Edita:
Sociedad Estatal de Acción Cultural
Idiomas:
galego-castelán-inglés
Ilustracións:
b/n, cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:
Catálogo da exposición comisariada por Rosa Olivares e organizada por Acción Cultural Española en colaboración co CGAC, Artium e Es Baluard en 2012.
Este libro non aspira a ofrecer unha visión retrospectiva da figura e a obra de Esther Ferrer (Donostia - San Sebastián, 1937), senón a ofrecer unha maneira de visualizar os conceptos esenciais que presiden o seu traballo: o tempo, o infinito, a repetición e a presenza. Estes catro conceptos, cada un deles representado mediante unha coidada selección de obras (fotografías, cadros, obxectos, instalacións e documentación das súas performances), constitúen o núcleo en torno ao cal se articulan tanto a exposición como a publicación que a acompaña.
