FAMILIAR FEELINGS

Familiar Feelings. Sobre el grupo de Boston

2009
978-84-453-4845-1 [CAST]
978-84-453-4836-9 [ENG]
35,00 €
Autores/as:
David Armstrong, Philip-Lorca diCorcia, Nan Goldin, Teresa Gruber, Jane Hudson, Jack Pierson, Collier Schorr, Manuel Segade, Tabboo!, Gail Thacker, Shellburne Thurber
Páxinas:
276
Dimensións:
23 x 30 cm
Idiomas:
castelán / inglés
Ilustracións:
b/n, color
Encadernación:
rústica
Sinopse:

A mediados dos anos setenta, un grupo de artistas da costa leste norteamericana atrevéronse a desafiar as convencións do medio fotográfico, influíndo de maneira decisiva nos usos da representación de finais do século vinte. A defensa da veracidade manifestábase na súa obra cun grao até entón descoñecido de intimidade exposta a través da irrupción de novos modelos afectivos e, por tanto, tamén de articulación social. Na década do noventa e a partir dunha broma da artista Nan Goldin, o grupo foi rebautizado como “escola de Boston”.

Este volume inclúe entrevistas cos artistas participantes (David Armstrong, Philip-Lorca diCorcia, Nan Goldin, Jack Pierson, Tabboo!, Gail Thacker e Shellburne Thurber), así como con Jane Hudson (artista e profesora da Escola do Museo de Belas Artes de Boston), Collier Schorr (artista e crítica de arte), Lia Gangitano (co-comisaria do proxecto Boston School do ICA de Boston e directora do espazo alternativo Participant Inc. de Nova York) e Teresa Gruber (responsable da catalogación dos fondos do artista Mark Morrisroe pertencentes á Colección Ringier).