Seguindo co esquema de traballo definido en Proxecto-Edición, Información contra información trata de poñer sobre a mesa unha serie de propostas e de obras nas que a información se converte no campo de batalla no que quedan en evidencia a obxectividade e a neutralidade. Esta fricción entre diferentes informacións –de aí o título da publicación–, que están retroalimentadas por actitudes e ideoloxías moi diversas, descentraliza e desxerarquiza a homoxeneidade da información e a experiencia masificada da mesma. Da man das obras de Jimmie Durham, Jota Castro, Boris Mikhailov, Jordi Mitjà, Maria Pask, Rubén Grilo, Allan Sekula, Akram Zaatari o Yann Sérandour, e daquelas producidas expresamente para este proxecto como é o caso das propostas de María Ruido e Jacob Fabricius, poderemos examinar diferentes formas de traballar coa información, que se opoñen ás formas hexemónicas convencionais e son herdeiras das transformacións radicais xeradas entre os anos sesenta e setenta.
