JANE & LOUISE WILSON

Jane & Louise Wilson. Tempo suspenso

2010
978-84-453-4975-5
26,00 €
Autores/as:
Isabel Carlos, Mark Cousins, Peter Osborne, Miguel von Hafe Pérez
Páxinas:
144
Dimensións:
25 x 20 cm
Idiomas:
galego-castelán-inglés
Ilustracións:
b/n, cor
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:

Jane & Louise Wilson. Tempo suspenso é o catálogo da exposición do mesmo título celebrada no CGAC entre os meses de novembro de 2010 e xaneiro de 2011.

No contexto da arte contemporánea, as obras de Jane e Louise Wilson están fóra do común polo seu pronunciado sentido do presente como parte do tempo histórico e, en particular, pola súa preocupación por un sentido concreto do presente europeo como época do final da posguerra.

Os seus traballos funcionan internamente de acordo coas formas de conciencia histórica características da cultura literaria, fílmica, radiofónica e televisiva dominante no Reino Unido, aínda que a modulan e a reinverten de modos novos.

 

 

Bolsa compra 3 MERCAR