Sen ser posible catalogalo nunha disciplina illada, José Antonio Hernández-Dez traballa co medio fotográfico, audiovisual e escultórico. As súas pezas gardan sempre unha relación coa memoria e como esta se ve alterada cando modificamos a percepción habitual dos obxectos. Usando elementos do cotiá, que todos nós asociamos con algún tipo de anécdota vivida, utiliza recursos para transmitirnos esa multiplicidade de significados que un obxecto pode gardar no subconsciente de cada un: a alteración das dimensións -aumentando a escala- e a descontextualización -integrándoos nun contexto alternativo como é un espazo museístico- engade un aspecto ficticio á realidade que noutro contexto resultaría banal.
Con motivo da exposición o CGAC publícase un catálogo en edición trilingüe (galego-castelán-inglés) con textos de dous expertos coleccionistas da obra de José Antonio Hernández-Dez: Ivo Mesquita e João Fernández.
