JUAN ARAUJO A TRAVÉS

Juan Araujo. A través

2009
978-84-453-4770-6
16,00 €
Autores/as:
Julieta González, Manuel Olveira, Adriano Pedrosa
Páxinas:
164
Dimensións:
24 x 18 cm
Idiomas:
galego-castelán-inglés
Ilustracións:
color
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:

Juan Araujo. A través é o catálogo da exposición do mesmo título celebrada no CGAC entre os meses de xullo e setembro de 2008.

A exposición de Juan Araujo no CGAC obedece a unha invitación e a un encargo polo que o artista se achega ao edificio de Álvaro Siza e ao seu contorno, xerando un conxunto de obras relacionadas a directamente co CGAC, cos detalles da súa arquitectura, co xardín de Bonaval e coa súa liña editorial de folletos, invitacións e publicacións. En Santiago de Compostela Araujo presenta un conxunto de obras inéditas producidas entre 2007 e 2008 nas que as estratexias son moi similares ás que empregara noutros conxuntos anteriores: a atención a unha serie de fragmentos da arquitectura, o agarimo con que trata os detalles do edificio ou dalgúns catálogos, a organización rigorosa en series, a estética derivada da copia de fotografías, etc. Estas pinturas realizadas nos dous últimos anos constitúen o groso da mostra individual titulada A través, pero canda elas hai unha boa mostra de obras de series pictóricas anteriores, como as dedicadas ás casas proxectadas por Bo Bardi, á Casa das Canoas e á Casa Caoma, ou á serie Coloritmos, nas que os edificios son obxecto de estudo e análise e onde os fragmentos e detalles arquitectónicos ocupan un lugar central. A documentación –detalles, fotografías, planos e maquetas– é protagonista indis-cutible das pinturas inspiradas no CGAC, que ofrecen unha renovada perspectiva desde a que repensar o exquisito edificio deseñado por Álvaro Siza a finais dos anos oitenta, un edificio que se converteu en bandeira da arte contemporánea, e símbolo da modernización e a harmonización cos países de noso ámbito cultural logo da ditadura franquista da transición democrática.