Julia Montilla

Julia Montilla. Apego ao clixé

2007
978-84-453-4443-9
15,00 €
Autores/as:
Manuel Olveira, Julia Montilla
Páxinas:
176
Dimensións:
20 x 14 cm
Idiomas:
galego-castelán-inglés
Ilustracións:
b/n, cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:

Apego ao clixé é unha edición trilingüe que repasa a traxectoria da artista catalá Julia Montilla. Con motivo da presentación dun programa de vídeo con obras desta artista na Fundación Luis Seoane, o CGAC aproveita para documentar algunhas das pezas pertencentes á colección do Centro.

Os traballos de Julia Montilla aluden e interpelan o cinema e a televisión, os xéneros de ambos os dous medios e as formas polas que as súas linguaxes codifican e/ou determinan a nosa percepción da realidade; pero o resultado do seu traballo non é unha tradución fascinada polo cinema, as telenovelas ou as revistas sensacionalistas senón que é algo máis, algo que as excede e que fai da fascinación obxecto de revisión e reflexión. A linguaxe e os temas que lle interesan proceden dos medios de comunicación, pero sobre todo do substrato comunitario que eles foron sedimentando no colectivo, na opinión pública e en cada un de nós.