Páxinas:
272
Dimensións:
23,5 x 18 cm
Idiomas:
galego-castelán
Ilustracións:
cor
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:
Esta publicación é o catálogo da retrospectiva do pintor vigués Lodeiro, comisariada por Alberto González Alegre e Román Pereiro Alonso.
A mostra revisa a traxectoria vital e creativa de Xosé Telmo Lodeiro (Vigo 1930-1996), que representa como poucos a posta en valor do individuo artista coa comunidade que lle outorga sentido. A súa pintura, que marca un dos teitos da arte galega na segunda metade do século vinte, non se entende sen ese clamor social, xeográfico e humano propio dos artistas medularmente románticos.
