David Lamelas Lonxe América

Lonxe América. David Lamelas

2024
978-84-453-5474-2
40,00 €
Autores/as:
Pedro de Llano Neira, Carlos L. Bernárdez, María José Herrera, David R. Quiles, Germaine Derbecq, Lynda Morris, Victoria Sackville-West, Severo Sarduy
Páxinas:
336
Dimensións:
32 x 24 cm
Idiomas:
galego - inglés
Colección:
CGAC SINGULAR
Ilustracións:
cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:

David Lamelas (Buenos Aires, 1946) é unha figura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta. Desde os inicios, a súa obra distinguiuse por unha singular capacidade camaleónica para se adaptar a distintos contextos, xa fosen artísticos, arquitectónicos, xeográficos ou sociais, en capitais como Londres, Bruxelas, París, Milán, Los Angeles, Nova York ou Berlín.

A exposición que o CGAC lle dedicou en 2021 foi a súa primeira retrospectiva en España. Neste catálogo amósase a evolución do traballo de Lamelas a través de distintas etapas, desde os inicios a primeiros dos sesenta en Buenos Aires ata o momento presente, e asemade incídese en dúas cuestións importantes: a relación de Lamelas con Galicia (os seus pais emigraron desde Manzaneda e Castro Caldelas durante a Guerra Civil) e a importancia do proxecto e mais do debuxo na súa práctica artística ao longo de toda a súa carreira; ben sexa como debuxos autónomos, como sucede na serie Aleph (1986-1989), ou como medio para desenvolver unha idea, no ámbito escultórico, fotográfico, fílmico ou arquitectónico.