A MANCHA HUMANA ARTE CONCEPTUAL NAS COLECCIONS CGAC

A mancha humana. A arte conceptual nas coleccións do CGAC

2009
978-84-453-4752-2
15,00 €
Autores/as:
Ellen Blumenstein, Manuel Olveira
Páxinas:
272
Dimensións:
22 x 17 cm
Idiomas:
galego-castelán-inglés
Ilustracións:
b/n, cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:

Desde a súa creación en 1993 o CGAC vén facendo un esforzo rigoroso por incorporar aos fondos da súa colección unha serie de obras representativas dos anos sesenta e setenta. Grazas ao traballo daqueles que, coa súa dedicación, contribuíron ao desenvolvemento da colección do centro, podemos entender mellor a incidencia que algunhas correntes e estilos xurdidos a mediados do século pasado tiveron na conformación actual das artes visuais.

A mancha humana versa sobre un dos movementos –a arte conceptual– que, sen dúbida, máis contribuíron a revolucionar as prácticas culturais contemporáneas pero que, pese a todo, aínda non é suficientemente coñecido e valorado por moitos sectores do público. A través dunha nutrida selección de pezas das coleccións do CGAC, a comisaria da mostra, Ellen Blumenstein, proponnos un achegamento en profundidade ao traballo das grandes figuras da arte conceptual que na segunda metade dos anos sesenta marcaron unha época no mundo da arte, así como á obra dalgúns artistas máis novos, que asumiron os presupostos conceptuais e os levaron a novos territorios estéticos.