Páxinas:
180
Dimensións:
27,5 x 24,5 cm
Idiomas:
galego-inglés
Colección:
CGAC CREACIÓN
Ilustracións:
cor
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:
Tectónica é una prospección no universo creativo e poético de Manuel Vilariño, pero cunha perspectiva que nos permite aproximarnos á súa obra desde un ángulo ou unha visión inédita.
Trátase, efectivamente, de posibilitar un traballo de corte tectónico, nun uso metafórico do termo; é dicir, indagar e evidenciar cales son as liñas de sostemento que fundamentan a súa reflexión estética e que explican, a modo dun impulso continuo e dun contrapunto, todas as realizacións plásticas e poéticas –a propia experiencia vital– deste creador tan singular.
Tectónica abesoura nos lugares onde se gorece o silencio, o asombro orixinal do acto creativo; tamén o esplendor das imaxes, alí onde estas fulguran.
