Páxinas:
144
Dimensións:
21 x 29,7 cm
Idiomas:
galego-castelán-inglés
Ilustracións:
cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:
Curculio bassos é o catálogo da primeira exposición monográfica sobre o artista Mark Manders. A través dos textos de Maaike Lauwaert e do comisario da mostra e crítico de arte Javier Hontoria, este libro invita a unha inmersión no universo creativo do artista holandés e conduce os lectores desde o seu estudio en Ronse, Bélxica, até as salas do Centro Galego de Arte Contemporánea.
Grazas ao labor deste centro compostelán, durante o verán e o outono de 2014 o público galego puido gozar dunha obra complexa, que xa estivera representada en grandes eventos do mundo da arte, como a Documenta 11 de Kassel (2002) ou a 55ª Bienal de Venecia (2013).
