A exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea, coproducida co Centro de Arte de Salamanca, dedicada a Mona Hatoum reúne unha selección de esculturas, instalacións e obras sobre papel que abarcan máis de dúas décadas da súa prolífica traxectoria artística. Esta mostra ofrece unha experiencia directa e física con obras crave que alcanzaron o status de iconas contemporáneas. A través de materiais sedutores e formas aparentemente simples, Hatoum constrúe pezas que xeran unha ambigüidade intencionada, convidando o público a explorar significados diversos e a miúdo contraditorios. Baixo unha superficie atractiva, as súas creacións revelan un transfondo de ameaza e tensión que impacta emocional e psicoloxicamente.
O catálogo da exposición contextualiza a obra de Hatoum dentro da súa evolución artística, acompañado de, un ensaio de Tamar Garb e entrevistas coa artista a cargo de Jo Glencross e Janine Antoni, presentados en español e inglés.
