Mónica Alonso
Páxinas:
84
Dimensións:
23 x 19 cm
Idiomas:
galego
castelán
inglés
Ilustracións:
b/n, cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:
Catálogo realizado con motivo da exposición da artista lucense Mónica Alonso no CGAC, con textos de Ilya Kabakov e do profesor e crítico Francisco Jarauta.
Na obra de Mónica Alonso, o fráxil e o rotundo conviven cunha sorprendente naturalidade. Fráxiles son os equilibrios que a definen, desde a súa selección mínima de cores ata a sutileza coa que as aplica; rotunda é a seguridade coa que articula un discurso teórico único entre os artistas da súa xeración. Nada queda fóra do seu control: o rigor e o cálculo rexen a súa obra, mais atravesados por un hábito intuitivo no que cada cor, forma e disposición no espazo posúe un sentido preciso.
