Museo do ermitán Man

Museo (do ermitán) Man

2021
978-84-453-5356-I
20,00 €
Autores/as:
Juan Creus, Covadonga Carrasco, Carmen Hermo, Santiago Olmo, Andrea Serodio
Páxinas:
169
Dimensións:
25 x 20 cm
Idiomas:
galego - castelán - inglés
Colección:
CGAC SINGULAR
Ilustracións:
color
Encadernación:
rústica
Sinopse:

Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936 - Camariñas, 2002), máis coñecido como Man de Camelle, foi un creador polivalente que desenvolveu o conxunto do seu labor en Camelle (Camariñas), totalmente á marxe do sistema artístico. Ao longo da súa vida dedicouse a integrar obxectos que o mar lle traía no contorno do seu xardín, formando esculturas e conxuntos artísticos en constante evolución que lle deron forma ao seu museo. O seu legado deixóunolo en forma de proxecto museográfico, seguindo un proxecto totalmente innovador, no que se plasmaban conceptos moi actuais sobre xestión, difusión e divulgación museística. Sistematizouno nun compendio de 606 fotografías, debuxos e escritos denominado Museum vom Einsiedler Man. Camelle (La Coruña). Spanien, no que se recolle a esencia da súa creación artística entre os anos 1969 e 1978.

 
 
Bolsa compra 3 MERCAR