Nancy Spero. Weighing the Heart Against a Feather of Truth
Páxinas:
200
Dimensións:
24 x 29 cm
Idiomas:
galego
castelán
inglés
Ilustracións:
b/n, cor
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:
Con motivo da primeira exposición individual da artista norteamericana Nancy Spero en España, o Centro Galego de Arte Contemporánea publica un coidado catálogo con textos de Susan Harris, Jo Anna Isaak, Diana Nemiroff e Juan Vicente Aliaga. Esta obra ofrece ao lector unha revisión da traxectoria de Nancy Spero desde os anos cincuenta ata a actualidade con abundantes ilustracións e detalles das súas pinturas máis coñecidas xunto a vistas da exposición no CGAC. O título, Weighing the Heart Against a Feather of Truth, describe a escena do xuízo final do Libro dos Mortos exipcio, que serve de inspiración para Hours of the Night (1974) e Hours of the Night (2001), dúas obras imponentes que presiden a sala principal da exposición.
