Novembro é unha edición bilingüe do serial radiofónico ideado pola artista catalá Julia Montilla e emitido no programa da radio galega As quimbambas. Este digipack contén dous CD coas versións dramatizadas en galego e castelán e mais un libreto co guión orixinal en ambas as dúas linguas.
Novembro está construído en torno a unha radio ficticia, radio armaravilla. A súa produción é unha aposta por recuperar públicos para o medio coa ficción. A mediados dos setenta a realidade informativa impúxose e as series de ficción na radio comezaron un declive que desembocou no seu absoluto abandono. Con todo, a recuperación da creatividade na radio a través da ficción imponse, e non só porque a radio sexa un dos medios más adecuados para contar historias e estimular a imaxinación do oínte, senón tamén porque as condicións tecnolóxicas, coa radio dixital e internet, e de percepción da audiencia o reclaman.
