Páxinas:
232
Dimensións:
22 x 16,5 cm
Idiomas:
galego-castelán-inglés
Ilustracións:
b/n, cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:
O futuro da actualidade é a primeira dunha serie de exposicións que van marcar, ao longo dos vindeiros tres anos, as directrices de Proxecto-Edición. O título da exposición alude ao primeiro gran bloque temático do proxecto ao tempo que propón unha oportuna reflexión sobre o papel dos medios de comunicación de masas nas sociedades deste inicio de milenio.
A publicación que acompaña a mostra vai tecendo un relato, ligando ideas e conceptos vinculados ao fenómeno dos media, enfiando páxina a páxina os diversos argumentos que sobre esta cuestión esgrimen os artistas representados nas coleccións ARCO e CGAC.
