Peter Wüthrich
Peter Wüthrich

Peter Wüthrich

2001
84-453-3072-1
39,06 €
Autores/as:
Stephan Berg, Susanne Bieri, Miguel Fernández-Cid
Páxinas:
280
Dimensións:
25,5 x 21 cm
Idiomas:
galego
castelán
inglés
alemán
Ilustracións:
b/n, cor
Encadernación:
tapa dura
Sinopse:

Peter Wüthrich, tomando como punto de partida a reflexión sobre a herdanza e os camiños abertos polo minimalismo, redefine a súa práctica afastándose dos seus aspectos máis reductores e ascéticos. A súa obra, cargada dunha calidez crítica e apaixonada, reivindica a pintura como unha linguaxe viva en constante transformación.

Wüthrich aborda o seu traballo cunha claridade conceptual e unha orde compositivo que lle permiten explorar disciplinas diversas sen abandonar unha actitude pictórica rigorosa. A súa obra é un verdadeiro paseo, un percorrido polos significados e posibilidades dun obxecto convertido en materia e eixo central das súas investigacións, o libro.