Stephan Balkenhol
Stephan Balkenhol

Stephan Balkenhol

2001
84-453-3014-4
36,06 €
Autores/as:
Jean-Christophe Ammann, Vittoria Coen, Miguel Fernández-Cid, Dieter Koepplin, entrevista: Stephan Balkenhol con Heinz-Norbert Jocks
Páxinas:
184
Dimensións:
25,5 x 21 cm
Idiomas:
galego
castelán
inglés
Ilustracións:
b/n, cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:

A primeira retrospectiva en España de Stephan Balkenhol (Frizlar, Alemaña, 1957) reúne obras desde os anos oitenta, cando comeza a explorar as posibilidades da madeira como material escultórico e a renovar a expresión figurativa. As súas figuras -homes, mulleres, animais- dialogan coa contorna, construíndo unha análise constante sobre a relación entre a figura e o espazo, como el mesmo afirmou: "Unha figura así só me interesa se implica a súa contorna". O seu estilo combina referencias ao pasado, como a arte clásica e renacentista, coa contemporaneidade reflectida na vestimenta das figuras. A constate oscilación entre dous extremos opostos como o orgánico e o estático, o individual e o impersoal, define unha obra cargada de abondos niveles de compresión.

Con motivo da exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea preséntase un completo catálogo con textos de recoñecidos autores como Jean-Christophe Amman e Vittoria Coen.