A primeira retrospectiva en España de Stephan Balkenhol (Frizlar, Alemaña, 1957) reúne obras desde os anos oitenta, cando comeza a explorar as posibilidades da madeira como material escultórico e a renovar a expresión figurativa. As súas figuras -homes, mulleres, animais- dialogan coa contorna, construíndo unha análise constante sobre a relación entre a figura e o espazo, como el mesmo afirmou: "Unha figura así só me interesa se implica a súa contorna". O seu estilo combina referencias ao pasado, como a arte clásica e renacentista, coa contemporaneidade reflectida na vestimenta das figuras. A constate oscilación entre dous extremos opostos como o orgánico e o estático, o individual e o impersoal, define unha obra cargada de abondos niveles de compresión.
Con motivo da exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea, tamén se presenta un libro de artista ilustrado con fotografías e debuxos deseñado por Balkenhol.
