Sur le dandysme aujourd´hui. Del maniquí en el escaparate a la estrella mediática
Son moitos os artistas contemporáneos –desde Marcel Duchamp ou Man Ray a Andy Warhol– que se revelan debedores das actitudes iconoclastas dos dandis, en tanto que personaxes incómodos e críticos co establishment da arte do seu tempo.
A pegada que o dandismo, nas súas múltiples facetas, deixou na arte contemporánea é obxecto de análise desta publicación, concibida polos membros do equipo de curadores formado por Rocío Gracia Ipiña, Sergio Rubira e Marta de la Torriente, como complemento da mostra colectiva Sur le dandysme aujourd'hui.
Máis que un catálogo de exposición, este libro é unha monografía que recolle as contribucións de reputados especialistas do campo da historia da arte, a literatura e os estudos culturais sobre a figura do dandi en ámbitos como a moda, a cultura popular, a música pop ou punk ou as artes visuais.
