Tracey Moffatt
Tracey Moffatt

Tracey Moffatt

1999
84-453-2531-0
9,02 €
Autores/as:
Régis Durand, Tracey Moffat, Marta Gili
Páxinas:
71
Dimensións:
23 x 19 cm
Idiomas:
galego
Ilustracións:
cor
Encadernación:
rústica
Sinopse:

Tracey Moffatt entende a fotografía como unha forma de mirar onde a realidade fíltrase a través de experiencias, soños e recordos. As súas obras transmiten información sobre contextos culturais,  —principalmente australianos, pero tamén americanos e europeos—, reflectindo a súa visión e relación con estas contornas. Aínda que evocan unha narrativa, moitas veces intuímos que algo está a pasar, pero descoñecemos o antes e o despois, determinantes sen dúbida necesarios para que as imaxes illadas adquiran movemento.

Non fai comentarios precisos -políticos- sobre a realidade social: expón situacións de tensión que logo son interpretadas polo espectador. Tracey Moffatt non pretende contar senón deixar ver, brillar, sinalar. Con ela, a obra de arte confírmase como exercicio, como mirada, tanto por quen a propón como por quen ao contemplala dálle sentido.

Esta publicación recolle o texto de Régis Durand e a entrevista realizada a Tracey Moffatt por Marta Gili.