
Activación da peza Porto (Porteños), 2010, no Museo do Mar de Galicia. Actividade dirixida pola artista Carme Nogueira
Como complemento á exposición Pingas rompentes, a artista Carme Nogueira realizará unha actividade que abrangue reflexións arredor do crecemento da cidade, os seus fluxos, a influencia do mar e a súas dinámicas. Partindo da peza Porto (Porteños), que presenta na mostra un relato cruzado entre Chile e Galicia a través da influencia do mar, terá lugar un encontro co público nos exteriores do Museo do Mar de Galicia para reflexionar sobre o influxo do porto na construción da cidade. Para realizar o dito encontro, contarase coa presencia de Pablo Mariño, Iria Sobrino, Xoán Carmona e Mariña López, representantes de diferentes sectores en relación ao patrimonio, a industria, o turismo e o traballo vinculados ao mar. Tras unha visita á exposición para ver a obra, a artista activará o proxecto máis alá do espazo expositivo convidando os presentes a preguntarse pola influencia social, política e cultural das cidades portuarias.
Participan
Pablo Mariño, fundador de Bluscus Turismo Marinero
Iria Sobrino, arquitecta
Xoán Carmona Badía, catedrático de Historia e Institucións Económicas
Mariña López, responsable do Museo ANFACO
As persoas interesadas en participar deberán enviar os seus datos persoais e de contacto ao enderezo electrónico cgac.prensa@xunta.gal.
Prazo de inscrición: do 15 ao 25 de novembro