CAMILO JOSÉ CELA: A PALABRA E A IMAXE. Seminario
Nos primeiros anos cincuenta do século pasado, Miguel Delibes referíase a Camilo José Cela como “un gran escritor sen xénero, un artífice da prosa, que traballa a palabra e o estilo cun primor ao que en España non estabamos afeitos”. O presente seminario Camilo José Cela: a palabra e a imaxe parte desa convicción para introducirse na narrativa de Cela —contos, apuntamentos carpetovetónicos, libros de viaxes, relatos pseudoemblemáticos, fotorrelatos, calidoscopios, mesmo novelas—, que dialoga con pintores (Picasso, Esplandiú, Zabaleta ou Lloveras), debuxantes (Lorenzo Goñi) e fotógrafos (Wlasak, Fontserè ou Palazuelo). Conversando coas imaxes, en ocasións de modo solidario e a miúdo de modo irónico ou paródico, poxando por subverter, desde a palabra, a imaxe.
O seminario achégase tamén á lectura que dalgunha das obras mestras de Camilo José Cela fixo o cinema, á súa participación na historia do cinema español, a algunha noticia oportuna sobre El hombre y el mar e a esa fonte inesgotable de palabras e imaxes que é a revista Papeles de Son Armadans, creada por Cela en abril de 1956.
PROGRAMA
4 XUÑO
10:00-10:30 h • PRESENTACIÓN
10:30-11:00 h • NOVA YORK AMARGA (1966): UN PROXECTO DE CAMILO JOSÉ CELA
Conferencia a cargo de Adolfo Sotelo Vázquez (UB - UCJC)
11:15 h. CARLES FONTSERÈ E CAMILO JOSÉ CELA. NOVA YORK AMARGA
Visita guiada a cargo de Santiago Olmo (CGAC)
12:30-14:00 h • PRIMEIRA SESIÓN
- Darío Villanueva (USC - RAE), Ricardo Franco e Mario Camus / José Luis Dibildos, lectores de Camilo José Cela
- Da facultade ao manicomio. Aventuras cinematográficas do mozo Cela
A cargo de José María Paz Gago (UDC) - Cela e Picasso: proxectos compartidos. De Papeles de Son Armadans a Gavilla de fábulas sin amor
A cargo de Marisa Sotelo Vázquez (UB),
17:00-18:30 h • SEGUNDA SESIÓN
- A obra de Camilo José Cela e a fotografía. Dous exemplos
A cargo de Ivan Rodríguez (FCJC) - As fotografías de Karl Wlasak: matriz estética de Viaje a la Alcarria
A cargo de Gemma Márquez (UB) - Viaje al Pirineo de Lérida e o relato fotográfico de Camilo José Cela: memoria e mirada
A cargo de Isabel Rovira (UB),
19:00-20:00 h • TERCEIRA SESIÓN
- As cores pintan Papeles de Son Armadans
A cargo de Lourdes Regueiro (FCJC), - Cando a imaxe abrocha a palabra: ilustradores e ilustracións nas principais obras de Camilo José Cela
A cargo de Noemí Montetes-Mairal (UB)
20:00-20:30 h • COLOQUIO
5 XUÑO
10:30-12:00 h • CUARTA SESIÓN
- De “La Puñalada” a Barcelona (1970): a colaboración de Camilo José Cela e Frederic Lloveras
A cargo de Branca Ripoll (UB) - De soidades e soños: Rafael Zabaleta e Camilo José Cela
A cargo de Alba Guimerà (UB) - “Ninguén, coma ti, sabe interpretarme”. Camilo José Cela ilustrado por Lorenzo Goñi
A cargo de Raquel Velázquez (UB)
12:30-13:30 h • QUINTA SESIÓN
- Sonia Betancort (UCJC), “Pola cidade pulula unha fauna errante”: Camilo José Cela e Fotografías al minuto (1972)
- Marta Cristina Carbonell (UB), 1966: palabra e imaxe de Madrid, en dúas miradas
13:30-14:00 h • COLOQUIO
14:00 h • CLAUSURA
PERSOAS DESTINATARIAS
O seminario está dirixido a todas as persoas interesadas na obra e a figura de Camilo José Cela.
INSCRICIÓN
Esta actividade é de balde, pero a capacidade da sala é limitada. As persoas que desexen asistir, xa sexa ao seminario completo, ao acto de presentación ou ás sesións completas de mañana o tarde. Poderán inscribirse até o 3 de xuño ás 14:00 horas enviando unha mensaxe electrónica a cgac.prensa@xunta.gal. Nela deberán facer constar os seguintes datos: nome completo, sesión ou sesións nas que lles gustaría participar, enderezo de correo electrónico e teléfono de contacto.
