Mnemocine. Película recortable

CARLOS PAZOS: SESIÓNS DE CINEMA COMENTADAS

21 Xaneiro 2026 - 27 Xaneiro 2026
18:30 h
Auditorio do CGAC
Coordinación:
Carmen Hermo
Dirección:
Carlos Pazos
Prazas:
250. Entrada de balde ata completar a capacidade da sala

No marco da exposición Nicasso e co obxectivo de profundar na obra de Carlos Pazos, o CGAC programa dúas sesións de cine comentadas, coa participación do propio artista, nas que se proxectarán as súas películas máis destacadas.

A primeira sesión estará centrada na proxección de Art¡ss!mo (2015), unha película-colaxe que analiza a figura do artista no imaxinario do cine comercial e a súa influencia na consideración social da arte e dos seus creadores e creadoras. Organizada seguindo as regras dun coidadoso e acedo curta e pega, esta película é o antecedente de Nicasso, el film (Nicasso, o filme, 2019), que se exhibe na mostra individual do artista no CGAC. Nesta sesión, Carlos Pazos estará acompañado polo comisario e profesor Pedro de Llano Neira.

Na segunda sesión proxectaranse Mnemocine. Película recortable (2006), producida para a exposición No me digas nada, que tivo lugar no MACBA e no MNCARS en 2007, e Yo inventé a unos Llopis (Eu inventei uns Llopis, 2012), rodada en Cuba e que reflicte tamén a súa paixón pola música. Nesta sesión, Carlos Pazos estará acompañado por Santiago Olmo, comisario da exposición Nicasso e director do CGAC.

Cine, música e cultura popular revisitados a través da memoria e a partir da colaxe fílmica.

 

PROGRAMA

21 XANEIRO, 18:30 h
Art¡ss!mo (2015) | 130 min
Coa presenza de Carlos Pazos e Pedro de Llano Neira

27 XANEIRO, 18:30 h
Mnemocine. Película recortable (2006) | 26 min
Yo inventé unos Llopis (2012) | 43 min
Coa presenza de Carlos Pazos e Santiago Olmo