COLECCIÓNS PÚBLICAS A DEBATE: A COLECCIÓN CGAC (II). Encontros paralelos no CGAC e na Facultade de Filosofía da USC
A razón de ser dun museo, a longo prazo, é a súa colección; non hai museo sen colección. E unha colección é, por definición, un proxecto colectivo, transxeneracional e transversal; tamén un xeito de narrar a historia (recente) dun contexto cultural; neste caso, Galicia.
Desde este punto de vista, a colección dun museo debe ser entendida como un punto de encontro entre sensibilidades diversas e mesmo antagónicas. Por iso é preciso darlle apoio, coidala, imaxinala e proxectala.
Estes encontros, e os celebrados no mes de novembro de 2023, pretenden avanzar nesa dirección a partir das contribucións dalgunhas das personalidades máis activas da arte, o comisariado, a xestión, a investigación e a crítica no contexto galego e fóra del.
PROGRAMA
5 DE XUÑO
Biblioteca do CGAC
18:00 h. Mesa redonda, coa participación de Vicente Blanco, Yolanda Herranz, Carme Nogueira e Susana González
Moderan: Santiago Olmo (director do CGAC) e Pedro de Llano (historiador da arte, profesor da USC e comisario)
11 DE XUÑO
Aula 10 da Facultade de Filosofía da USC
18:00 h. Mesa redonda, coa participación de Carlos Bernárdez, Ángel Calvo e Agar Ledo
Moderan: Pedro de Llano (historiador da arte, profesor da USC e comisario) e Santiago Olmo (director do CGAC)
PERSOAS DESTINATARIAS
Esta actividade está dirixida a docentes, estudantes, historiadores e historiadoras, e persoas interesadas na arte.
INSCRICIÓN
Para participar nesta actividade non é necesario inscribirse.

